As cores do outono reflictíanse na auga ao mesmo tempo que o
solpor tinguía o ceo dun rosa amargo e o vento mecía ás pólas das árbores. Os
paxaros voaban cara os seus niños entoando os seus chíos que asemellaban
acordes. Ao lonxe as ventás dos edificios xa estaban iluminadas e o son dos
nenos xogando no parque ía apagándose pouquiño a pouco. Os grilos comezaban os
seus cantos e os vagalumes xogaban entre eles a botar carreiras a ningures. A
luz daba paso á escuridade, que chegaba ameazadora dende o leste, coándose
discreta entre as montañas que definían a liña do horizonte. O ceo comezou a
cubrirse de pequenas pingas escintilantes de suave luz branquecina. Paseniño
ían espertándose as estrelas. Tan sinxelo e tan fermoso, tal escena encheu de éxtase
a paisaxe. Entón o mundo quedou durmido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario